FotoRevista-->Notas y Noticias de Fotografía-->Notas y Noticias 

PhotoEspaña se disfraza de gallega

Publicado: 21-01-2009
2967 visitas desde el 13/08/09

Por: Manuel Sendón

Galicia - España
http://manuelsendon.wordpress.com
Imprimir esta página   Volver
 
  Tweet PHOTOESPAÑA DISFRÁZASE DE GALEGA


Neste outono inaugurouse PhotoGalicia organizada pola Fundación Caixa Galicia. Nun principio poderíase pensar que se trata dun festival máis, similar a algún dos existentes, como o Outono Fotográfico de Ourense ou Revela, ou a outros xa desaparecidos, como a Mostra Fotográfica de Lugo ou a Fotobienal de Vigo. Porén hai unha grande diferenza. Estes festivais, a pesar das distintas concepcións ás que respondían, foron pensados e realizados dende Galiza, mentres PhotoGalicia consiste en importar PhotoEspaña a Galiza cambiándolle o nome. Tráense as exposicións realizadas en Madrid, engadíndolle a dunha artista galega, como se con isto xa fose abondo para converterse nunha produción galega. E se ben é certo que a empresa organizadora de PhotoEspaña ten todo o dereito a vender aquí as súas exposicións, outra cousa ben diferente é usurpar os nosos sinais de identidade, presentando o festival como unha creación galega.

Que a Fundación Caixa Galicia, ou calquera outra institución, mostre exposicións realizadas noutras latitudes obviamente non só non é criticábel, senón que é desexábel, é un bo complemento a outras pensadas e organizadas dende aquí. Outra cousa ben diferente é mercar todo o paquete en bloque e reducir a iso a programación do festival, facéndoo pasar por unha produción galega, como se non fósemos quen de pensar por nós mesmos e seleccionar o que queremos mostrar e como queremos facelo. Con esta forma de proceder a institución dá a impresión de ser incapaz de producir un produto propio que contribúa á dinamización da creación fotográfica en Galiza e cumprir desa forma co seu papel de institución pública galega. Galiza ten que participar no debate da contemporaneidade e iso pasa necesariamente por confrontar o propio co alleo, co que isto leva consigo a nivel de debate e reflexión, pero non se acada converténdose nunha axencia de recepción. É tan estéril o illacionismo como o mimetismo ante o alleo. Imaxínanse a existencia de PhotoCataluña? Ou á Fundación La Caixa mercando todo o paquete e cambiando España por Cataluña? Evidentemente non existe PhotoCataluña, como non existe PhotoEuskadi.

A exposición galega que inclúen, Frías, frágiles, durmientes, de Victoria Diehl, merece un comentario. En primeiro lugar dicir que considero de extraordinario interese a súa obra, que coñezo e admiro. No Centro de Estudos Fotográficos editamos o seu libro Vida e morte das estatuas e organizamos a súa primeira exposición. O seu traballo é do máis interesante que se fixo en fotografía neste país nestes últimos anos. Unha vez dito isto debo engadir dúas cousas. Primeiro: non hai reciprocidade na relación con Galiza, dado que esa exposición non foi incluída en PhotoEspaña e non creo que o vaia ser, a pesar de que o seu interese transcende claramente o ámbito galego, como demostra a súa proxección fóra. Segundo: a exposición presentada en Vigo só ten dúas fotos novas, nela están as fotos que hai poucos meses mostrou a Galería Bacelos na mesma cidade. Un festival fotográfico ten sentido se contribúe a dinamizar a creación e a reflexión fotográfica. Habería, polo tanto, que aproveitar a ocasión para proporlle á artista, co tempo adecuado, a realización de novas fotografías, unha boa oportunidade para encetar un novo proxecto. Iso esixe dedicación e interese, en definitiva outra formulación, pero se o que se quería era exhibir unha imaxe nas rúas, nos aeroportos ou na publicidade mediática, entón claro que non era preciso contribuír á produción de algo novo. A reflexión sobre isto transcende esta exposición en concreto e lévanos a reflexionar sobre a función das exposicións e programacións, e sobre o papel das institucións e dos comisarios na produción cultural.

Os tempos que vivimos, caracterizados polos cambios nas tecnoloxías da comunicación, fan que non haxa fronteiras para o coñecemento. Isto é extraordinariamente positivo e introduce modificacións na relación entre os centros de poder importantes e a periferia, á que en maior ou menor medida pertencemos, abrindo novas posibilidades para a difusión de proxectos dende ela, pero tamén leva implícita unha gran tendencia ao uniformismo a partir dos valores e características da cultura dominante. Isto fai que adquira máis valor que nunca o dito de que a única forma de participar do universal é dende a defensa do particular, pensamento moitas veces repetido pero moi poucas aplicado con tino. A miña experiencia de comisario, xunto con Xosé Luis Suárez Canal, da Fotobienal de Vigo demóstrame a eficacia desta formulación e como cunha proposta que teña certa singularidade se logra o respecto e interese por parte doutras culturas, así como o enriquecemento da propia e a súa proxección no exterior, e posibilítase realizar propostas que noutro caso serían imposíbeis ou de moito máis alto custo económico.

Xorde o interrogante de se hoxe, coa plena incorporación da foto á arte (co que isto implica no plano orzamentario) unido á proliferación de centros de arte contemporánea, seguen a ter sentido os festivais fotográficos tal como eran concibidos nas décadas dos oitenta e noventa. Aínda que iso é outra cuestión.

Quero deixar claro antes de concluír que non estou a facer unha crítica á calidade das exposicións de PhotoGalicia, nin á escolma de autores realizada. Recomendei aos meus alumnos que as visiten, e dunha forma particular a de Eugene Smith polo seu extraordinario interese. Teño que dicir tamén que, dende o seu inicio en 1998, teño colaborado con PhotoEspaña formando parte de diferentes xurados e facilitando o contacto con fotógrafos que querían incluír nas súas programacións logo de expoñeren na Fotobienal de Vigo. Non obstante, as reflexións aquí expostas leváronme a non aceptar a invitación que me fixeron para participar nunha mesa redonda dentro de PhotoGalicia.

Manuel Sendón
http://manuelsendon.wordpress.com/
 
----------------------------
Texto traducido:
PHOTOESPAÑA SE DISFRAZA DE GALLEGA 

En este otoño se inauguró PhotoGalicia organizada por la Fundación Caixa Galicia. En un principio se podría pensar que si trata de un festival más, similar a algún de los existentes, como el Otoño Fotográfico de Ourense o Revela, o a otros ya desaparecidos, como la Muestra Fotográfica de Lugo o la Fotobienal de Vigo. Sin embargo hay una gran diferencia. Estos festivales, a pesar de las distintas concepciones a las que respondían, fueron pensados y realizados desde Galiza, mientras PhotoGalicia consiste en importar PhotoEspaña a Galicia cambiándole el nombre. Se traen las exposiciones realizadas en Madrid, añadiéndole la de una artista gallega, como si con esto ya fuese bastante para convertirse en una producción gallega. Y si bien es cierto que la empresa organizadora de PhotoEspaña tiene todo el derecho a vender aquí sus exposiciones, otra cosa bien diferente es usurpar nuestras señales de identidad, presentando el festival como una creación gallega.

¿Qué la Fundación Caixa Galicia, o cualquier otra institución, muestre exposiciones realizadas en otras latitudes obviamente no sólo no es criticable, sino que es deseable, es un buen plus a otras pensadas y organizadas desde aquí. Otra cosa bien diferente es comprar todo el paquete en bloque y reducir a eso la programación del festival, haciéndolo pasar por una producción gallega, como si no fuésemos quien de pensar por nosotros mismos y seleccionar lo que queremos mostrar y como queremos hacerlo. Con esta forma de proceder la institución da la impresión de ser incapaz de producir un producto propio que contribuya a la dinamización de la creación fotográfica en Galiza y cumplir de esa forma con su papel de institución pública gallega. Galiza tiene que participar en el debate de la contemporaneidad e iso pasa necesariamente por confrontar el propio con el ajeno, con el que esto lleva consigo a nivel de debate y reflexión, pero no si alcanza convirtiéndose en una agencia de recepción. Es tan estéril el illacionismo como el mimetismo ante el ajeno. Se imaginan la existencia de PhotoCataluña? O a la Fundación La Caixa comprando todo el paquete y cambiando España por Cataluña? Evidentemente no existe PhotoCataluña, como no existe PhotoEuskadi.

La exposición gallega que incluyen, Frías, frágiles, durmientes, de Victoria Diehl, merece un comentario. En primer lugar decir que considero de extraordinario interés a su obra, que conozco y admiro. En el Centro de Estudios Fotográficos editamos su libro Vida y muerte de las estatuas y organizamos a su primera exposición. Su trabajo es del más interesante que si hizo en fotografía en este país en estos últimos años. Una vez dicho esto debo añadir dos cosas. Primero: no hay reciprocidad en la relación con Galiza, dado que esa exposición no fue incluida en PhotoEspaña y no lo cree que lo vaya a ser, a pesar de que su interés trasciende claramente el ámbito gallego, como demuestra su proyección fuera. Segundo: la exposición presentada en Vigo sólo tiene dos fotos nuevas, en ella están las fotos que hace pocos meses mostró la Galería Sarmientos en la misma ciudad. Un festival fotográfico ha sentido si contribuye a dinamizar la creación y la reflexión fotográfica. Habría, por tanto, que aprovechar la ocasión para proponerle a la artista, con el tiempo adecuado, la realización de nuevas fotografías, una buena oportunidad para encetar un nuevo proyecto. Eso exige dedicación e interés, en definitiva otra formulación, pero si lo que se quería era exhibir una imagen en las calles, en los aeropuertos o en la publicidad mediática, entonces claro que no era preciso contribuir a la producción de algo nuevo. La reflexión sobre esto trasciende esta exposición en concreto y llévanos a reflexionar sobre la función de las exposiciones y programaciones, y sobre el papel de las instituciones y de los comisarios en la producción cultural.

Los tiempos que vivimos, caracterizados por los cambios en las tecnologías de la comunicación, hacen que no haya fronteras para el conocimiento. Esto es extraordinariamente positivo e introduce modificaciones en la relación entre los centros de poder importantes y el alrededores, a la que en mayor o menor medida pertenecemos, abriendo nuevas posibilidades para la difusión de proyectos desde ella, pero también lleva implícita una gran tendencia al uniformismo a partir de los valores y características de la cultura dominante. Esto hace que adquiera más valor que nunca el dicho de que la única forma de participar del universal es desde la defensa del particular, pensamiento muchas veces repetido pero muy pocos aplicado con tino. Mi experiencia de comisario, junto con Xosé Luis Suárez Canal, de la Fotobienal de Vigo me demuestra la eficacia de esta formulación y como con una propuesta que tenga cierta singularidad si logra el respeto e interés por parte de otras culturas, así como el enriquecimiento de la propia y su proyección en el exterior, y se posibilita realizar propuestas que en otro caso serían imposibles o de mucho más alto coste económico.

Surge el interrogante de si hoy, con la plena incorporación de la foto al arte (con el que esto implica en el plano presupuestario) unido a la proliferación de centros de arte contemporáneo, siguen teniendo sentido los festivales fotográficos tal como eran concebidos en las décadas de los ochenta y noventa. Aunque eso es otra cuestión.

Quiero dejar claro antes de concluir que no estoy haciendo una crítica a la calidad de las exposiciones de PhotoGalicia, ni a la antología de autores realizada. Recomendé a mis alumnos que las visiten, y de una forma particular la de Eugene Smith por su extraordinario interés. Tengo que decir también que, desde su inicio en 1998, he colaborado con PhotoEspaña formando parte de diferentes jurados y facilitando el contacto con fotógrafos que querían incluir en sus programaciones después de exponer en la Fotobienal de Vigo. No obstante, las reflexiones aquí expuestas me llevaron la no aceptar la invitación que me hicieron para participar en una mesa redonda dentro de PhotoGalicia.

Manuel Sendón
http://manuelsendon.wordpress.com/

-----------------------------------------------------
CURRICULUM
-Nacín na Coruña en 1951
-Licencieime en Matemáticas e fixen o doutorado en Belas Artes.
-Son profesor de Fotografía na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
-Dirixo o Grupo de Investigacións Fotográficas da Universidade de Vigo
-Dirixo con X.L. Suárez Canal o Centro de Estudos Fotográficos
-Traballo coa galería C5 de Santiago de Compostela.

Exposicións individuais
Nas diferentes cidades galegas:
A Coruña (Fundación Barrié, Kiosko Alfonso…),
Ourense (Museo Municipal..), Pontevedra (Pazo de Exposicións)
Santiago (Chocolataría, Galería C5, Museo do Pobo Galego, Pazo de Fonseca, Casa da Parra…)
Vigo (Fundación Barrié, Museo do Mar, Casa da Cultura…)…

e noutras cidades:
-Braga (Encontros Internacionais da Imagem e Museo da Imagem)
-Coimbra (Centro de Estudos da Fotografía)
-Porto ( Espaço Silo, orgaizada polo Centro Portugués de Fotografia)
-New Castle (Side Gallery)
-Caracas (Museo de Arte Contemporaneo Sofía Imber)
-México D.F. (Museo Ciudad de México)
-Salvador de Bahia (Conjunto Cultural da Caixa)…

Exposicións colectivas
-Antropologia e Memória. Visao Actual da Arte Galega, Fundación Gulbenkian e Sociedade Nacional de Belas-Artes, Lisboa
-Dende o Atlantico. Centre de la Photographie, Geneve Suiza
-Cuatro direcciones de la Fotografía Contemporánea Española Centro de Arte Reina Sofía.Madrid
-Open Spain. The Museum of Contemporary Photography Chicago
-Quest for the Moon. The Museum of Fine Arts. Huston.
-Global Detail . Noorderlicht. Groningen.Holanda
-Ausencias e memoria, Auditorio de Galicaia, Santiago de Compostela.
-O Futuro da actualidade. Centro Galego de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela.
-Mapas, cosmogonias y puntos de referencia. Centro Galego de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela.

Libros
- Ourense de Auga e Pedra. Texto Carlos Casares. Edicións Ir Indo, Vigo, 1990
-Paisaxes. Texto Michael Gibbs e Marcial Gondar. Centro de Estudos Fotográficos, 1991.
- Tempos que hai neste tempo. Textos: C. Caujolle e M.Rivas. Consello da Cultura Galega. Santiago. 1995.
- Cuspindo a barlovento. Textos: Xurxo Souto e Manuel Sendón, CEF,2003
-Casas doentes. Textos: A.Castellote, C.Caujolle, M.Gondar. CEF,2007

Libros colectivos
- Dende o Atlántico. CEF,1988
- Cuatro Direcciones de la fotografía española, 1970-90,.Lunwerg,1991.
- Open Spain, Lunwerg, 1992
- Visións, Universidade de Vigo, 2003.
-Landscape of Time and Place. (Ferdinand Protzman). National Geographic,
 Washington, 2003
-Visións, Universidade de Vigo, 2003.
- Ausencias e memoria. CEF, 2004 ….

Comisariado de exposicións contemporáneas
Con X.L.Suárez Canal comisariei exposicións como:

- Fotobienal de Vigo 1984-2000
-Programación da Saa dos Peiraos de Vigo entre 1985 e 2000
-Exposicións no Marco de Vigo, Encontros da Imagem de Braga, Centro Portugues de Fotografia Porto, Auditorio de Galicia…
-Exposicións itinerantes de fotógrafos históricos galegos como: Virxilio Vieitez, José Suárez, Ksado, Manuel Ferrol… y de novos artistas galegos como: Fran Herbello, Andrea Costas, Victoria Diehl….
-Madrid Mirada. Circulo de Bellas Artes de Madrid, en la actualidad itinerante por América Latina

Fotografía histórica galega
Autor de:Imaxes na penumbra (tese de doutoramento), Edicións Xerais, Vigo, 1998.
Autor, con X.L. Suárez Canal, de monografías sobre J.M. Massó, Ksado, Ramón Caamaño, Emigración de M.Ferrol, Arquivo Pacheco, Luis Rueda, Raniero Frnández, Virxilio Vieitez… .. Cada unha destas publicacións foi acompañada de dunha exposición monográfica da que fomos comisarios.

Actividade editorial
Con X.L. Suárez canal dirixo as coleccións do Centro de Estudos Fotográficos Álbum e Do Trinque
 
FOTOGRAFIA:  MANUEL SENDON


    FotoRevista no asume ninguna responsabilidad por el contenido esta nota,
siendo su autor el único responsable de la misma.
    
También te puede interesar
 
17/11/2010  Tecnica

Apuntes de Composición: Encuadres

por Luis Morilla
Amefricana
 Exposiciones
Cierra: 10/06/24

Amefricana

por Rosana Paulino
 
  El límite de la fotografía es nuestro propio límite
Home   Favoritos   Atrás   Arriba
 
Quienes somos     Contacto     Reglas de Participación   Las fotografías expuestas en este sitio pertenenecen a sus respectivos autores y no pueden ser reproducidas sin autorización de los mismos.  
  
Concursos Patrocinados de FotoRevista:
Desde 2014 transmitimos nuestros juzgamientos en vivo:
  77° Concurso Mensual FotoRevista